Contenido principal

Asistencia sanitaria. Solicitude de recoñecemento do dereito (como representante) < Volver

Este servizo permite solicitar, por rexistro electrónico e en representación doutra persoa, o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria, tanto para o titular coma para os beneficiarios.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos que, en representación doutra persoa, queiran solicitar o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria, tanto para o titular coma para os beneficiarios.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico de recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria en representación doutra persoa.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude e o modelo normalizado de representación.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas instrucións do modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que lle permita cubrir a solicitude e gardala para poder anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A solicitude foi inicialmente deseñada para a súa presentación en soporte papel ante a Dirección Provincial do INSS, polo que encontrará referencias que non corresponden á vía telemática.

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude. As observacións só se cubrirán cando non se anexe un formulario de solicitude.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres enche a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}