Contenido principal

Solicitude de certificado de prestacións (como representante) < Volver

Este servizo permite solicitar, por rexistro electrónico e en nome doutra persoa, un certificado relacionado coas prestacións percibidas da Seguridade Social ou, se é o caso, de non percibir pensión ningunha da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A representantes que desexen solicitar un certificado, en nome dunha persoa, teña ou non recoñecida unha prestación da Seguridade Social.

Que permite realizar

Solicitar por rexistro electrónico, en nome dunha persoa, un certificado de:

    • Cantidades aboadas no exercicio anterior e, se é o caso, retencións practicadas para os efectos do IRPF.
    • Cantidades aboadas noutros exercicios e, se é o caso, retencións practicadas para os efectos do IRPF.
    • Acreditación da condición de pensionista ou perceptor doutras prestacións da Seguridade Social.
    • Acreditación de non percibir pensión ningunha da Seguridade Social.
    • Importe mensual da pensión da Seguridade Social.
    • Importes mensuais doutras pensións públicas alleas ao Sistema da Seguridade Social.
    • Pensións en baixa ou suspendidas.
    • Certificado para beneficiarios de deducións.
    • Certificado de revalorización.
    • Certificado sen importe.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir os datos que se soliciten no formulario conforme as indicacións que aparecen neste e elixir o certificado que se desexa obter.
  • Cubrir e anexar o modelo normalizado de representación.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

É imprescindible achegar o modelo normalizado de representación.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado o certificado solicitado.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Modelo normalizado de representación (PDF, 1441 Kb) 03/08/2018
Complementary Content
${loading}