Contenido principal

Certificado de estar ao corrente das obrigas a Seguridade Social < Volver

A través deste servizo, as persoas xurídicas que teñen asignado un número de código de conta de cotización (CCC), poderán obter e/ou consultar en liña un certificado no que se recolle a información relativa á existencia ou non de débedas contraídas coa Seguridade Social, calquera que sexa o Réxime ao que estean adscritas.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

  • Persoas xurídicas que teñen asignado un número de código de conta de cotización (CCC), calquera que sexa o Réxime ao que estean adscritas (Con certificado dixital).
     
  • Persoas físicas que teñen asignado número de afiliación á Seguridade Social (NAF), calquera que sexa o Réxime ao que estean adscritas (Con certificado dixital ou Cl@ve permanente).

Que permite realizar

  • Visualizar e consultar de forma inmediata un certificado xenérico que indica a situación/débeda do interesado, ademais de certificados específicos para os efectos de obtención de subvencións, participación nos procesos de concesión de contratos do sector público e para o suposto regulamentado no artigo 42 do Estatuto dos Traballadores nos casos de contratas e subcontratas.
  • Descargalo en formato PDF.
  • Imprimilo.

Hai que ter en conta

Ao pé do certificado obtido figura o Código Electrónico de Autenticidade (CEA) co que pode comprobar  a autenticidade do certificado a través do Servizo de Verificación de Integridade Documental.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}