Contenido principal

Alta de provedor para cobramento de facturas do sistema da Seguridade Social < Volver

Este servizo facilita, por Rexistro electrónico, o modelo para solicitar a alta como acredores do Sistema da Seguridade Social daqueles que reúnan tal condición como consecuencia da prestación de bens e servizos ao sistema da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Provedores que prestaron servizos ou entregaron bens ao Sistema da Seguridade Social.

Que permite realizar

Presentar unha solicitude de alta por Rexistro Electrónico en nome propio, como representante ou apoderado (neste último caso debe estar inscrito previamente no Rexistro de Apoderamentos da Seguridade Social).

Que necesita para realizalo

  • Cubrir a información requirida e asinar electronicamente a solicitude.
  • Anexar documentación xustificativa:
    • Copia do DNI, NIF ou NIE.
    • Certificado bancario electrónico actualizado con, como máximo, 2 anos de antigüidade.
    • Poder de representación ou apoderado.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Tríptico “Axudámosche”

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}