Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite consultar a situación na que se encontra o trámite da prestación solicitada en nome doutra persoa e efectuar un seguimento das fases do proceso dende que se presenta a solicitude ata que se resolve.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite comunicar por rexistro electrónico o falecemento dun perceptor de prestación da Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, as prestacións nacionais de viuvez, orfandade e auxilio por defunción en representación doutra persoa.
Os certificados de empresa do inicio do descanso obrigatorio e/ou voluntario da prestación de nacemento e coidado de menor, só poden remitirse a partir da data na que se inicia o descanso. Se non se iniciou, non pode ser obxecto de certificación.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a prestación por Nacemento e Coidado de Menor, para gozar do período de descanso laboral correspondente, por nacemento, adopción, garda con fins de adopción e acollemento permanente ou temporal superior a un ano.
Excepcionalmente, mentres se manteñan as actuais medidas de contención, pode presentar escritos, solicitudes e comunicacións urxentes e inaprazables a través deste servizo sen identificarse electronicamente, se non dispón de medios para iso. Non se admitirán solicitudes IMV a través deste servizo. A partir do luns 15 poderá realizar estas solicitudes no servizo específico para o Ingreso Mínimo Vital.
Teña en conta que, nesta modalidade de envío, o seu escrito ou solicitude non se formalizará no Rexistro Electrónico da Seguridade Social. Confirmarase en pantalla o envío dos datos e recibirá no correo electrónico que proporcione unha copia do que se envía á Dirección Provincial que seleccione. Tamén o informamos de que pode ser necesario que contactemos con vostede para acreditar a súa identidade, verificar os datos e documentación remitida ou, no seu caso, requirir documentación adicional.
Para realizar solicitudes, pode obter os formularios no apartado de formularios e modelos de solicitudes. Se necesita formular algunha comunicación relativa á súa pensión, pode obter os modelos para cubrilos no apartado de comunicacións de pensionistas.
Recordámoslle a necesidade de facer un uso responsable desta canle para asegurar a adecuada e eficaz prestación do servizo.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite presentar por rexistro electrónico, en nome propio ou en representación doutra persoa, escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas ao Instituto Nacional de Seguridade Social cuxa presentación non estea considerada nun servizo específico da Sede Electrónica da Seguridade Social. Non se admitirán solicitudes de Ingreso Mínimo Vital a través deste servizo.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite solicitar, en representación doutra persoa e por rexistro electrónico, a emisión do Certificado Provisional Substitutivo (CPS) da Tarxeta Sanitaria Europea (TSE), tanto para o titular do dereito a asistencia sanitaria coma para os beneficiarios.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite solicitar, por rexistro electrónico e en nome doutra persoa, un certificado relacionado coas prestacións percibidas da Seguridade Social ou, se é o caso, de non percibir pensión ningunha da Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a pensión de xubilación nacional en representación doutra persoa.