Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Cita previa para Recoñecemento médico de embarque marítimo < Volver

Este servizo permite a solicitude de cita previa para realizar o Recoñecemento médico de embarque marítimo.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Cidadáns españois ou doutra nacionalidade que desexen exercer unha actividade profesional a bordo dun buque de bandeira española, cando reúnan as condicións legais para traballar enrolados nel.

Que permite realizar

  • Solicitar unha cita previa para analítica, enfermería e facultativo.

Que necesita para realizalo

Será necesario dispoñer do Certificado de Formación Básica en Seguridade nun curso impartido polo Instituto Social da Mariña cando se solicita o recoñecemento médico por primeira vez ou, ter realizado anteriormente un Recoñecemento Médico de Embarque Marítimo.

Todos os datos que se solicitan deben cumprirse de forma obrigatoria e deben coincidir cos almacenados no sistema para que se poida acceder ao servizo.

Deberá responderse a unha pregunta de seguridade.

Hai que ter en conta

O servizo permite solicitar as tres citas que require o Recoñecemento médico de embarque marítimo (analítica, enfermaría e facultativo), as cales serán efectivas dende o momento da solicitude, outorgándose o número de rexistro e mostrándose na bandexa de tarefas do centro de Sanidade Marítima para o que solicitaron.

Próximos pasos

  • Acudir ao Centro de Sanidade Marítima para o que concertase a cita na data e hora indicadas.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física

Complementary Content
${loading}