Este servizo permite efectuar un cálculo aproximado da contía da futura pensión de xubilación.
A todos os cidadáns.
Efectuar un cálculo aproximado da contía da futura pensión de xubilación, agás no caso do Réxime Especial do Mar, debido ás súas peculiaridades.
Introducir os datos que se van requirindo, contando en determinados casos cunha opción de "axuda" con explicacións para cubrilo correctamente. Entre os datos requiridos, hai que introducir os períodos de alta na Seguridade Social, así como as bases de cotización dos últimos anos. Se non se dispón deles ou se precisa información complementaria para realizar o cálculo da pensión de xubilación, será necesario previamente:
Solicitar o informe de vida laboral e o informe de bases de cotización, que poden obterse polas seguintes vías:
O servizo opera exclusivamente cos datos que introduza o usuario, polo que en ningún caso o resultado que se obteña poderá xerar dereitos nin obrigas en materia de Seguridade Social.
Se se cotizou durante os anos esixibles para o cálculo da base reguladora, en función da data da xubilación, por base máxima ou mínima, non se necesita información adicional sobre bases de cotización porque o programa incorpora as devanditas bases automaticamente.
De acordo cos datos introducidos, o sistema determinará:
Esta aplicación traballa todas as modalidades de xubilación agás a Xubilación Parcial, tamén detecta as condicións nas que é de aplicación a lexislación anterior e realiza o cálculo correspondente.
Introducidos os datos requiridos e realizados os cálculos, obtense un informe detallado co importe estimado da pensión resultante, que ten carácter informativo e non xera dereitos.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.