Contenido principal

Informe de vida laboral < Volver

A través deste servizo poderá obter e/ou consultar en liña un informe no que se recollen todas as situacións de alta ou baixa dunha persoa no conxunto dos distintos réximes do sistema da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Cidadáns que estean a cotizar ou que o fixesen algunha vez ao longo da súa vida  e que, polo tanto, dispoñan de número de afiliación á Seguridade Social.

Qué permite realizar

 

 

  • Visualizar e consultar de forma inmediata o informe.
  • Descargalo en formato PDF.
  • Imprimilo.

 

 

Se accede sen certificado dixital poderá cubrir un formulario de solicitude de modo que o informe lle será remitido por correo postal.

Hai que ter en conta

En caso de observar algunha incidencia nos datos contidos no informe, pode comunicala accedendo ao servizo Solicitude de rectificación informe de vida laboral.

Se accede sen certificado dixital todos os datos introducidos no formulario deben coincidir cos existentes na base de datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Se non son coincidentes, enviarase o informe.

Próximos pasos

  • Se accede sen certificado dixital e unha vez cuberto o formulario, obterá un número de referencia que servirá para consultar o estado da petición.
  • A información do estado da petición cursada recibirase a través dun correo electrónico.
  • Transcorridas 24 horas da recepción do correo informativo, poderase acceder ao servizo Consulta de estado de solicitude de informes.

 

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Notas aclaratorias ao informe de vida laboral (PDF, 107 Kb) 29/12/2015
Complementary Content
${loading}