Contenido principal

Informe de bases de cotización < Volver

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Traballadores incluídos no Réxime Xeral, Sistemas Especiais e nos Réximes Especiais do Sistema de Seguridade Social.

Qué permite realizar


  • Visualizar e consultar de forma inmediata o informe.
  • Descargalo en formato PDF.
  • Imprimilo.

Se accede sen certificado dixital poderá cubrir un formulario de solicitude de modo que o informe lle será remitido por correo postal.

Hai que ter en conta

O período que se subministrará tomará como data de inicio xaneiro de 1997, con independencia de que se poida solicitar de períodos anteriores, e en todo caso a partir de 06/1980.

En caso de observar algunha incidencia nos datos contidos no informe, pode comunicala accedendo ao servizo Rectificación de informe de bases de cotización.

Se accede sen certificado dixital todos os datos introducidos no formulario deben coincidir cos existentes na base de datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Se non son coincidentes, enviarase o informe.

Contido do informe:

  • Datos identificativos: número de Seguridade Social e documento identificativo (NIF, pasaporte, NIE) do traballador.
  • Período de liquidación: mes e ano do exercicio ao que corresponden as bases.
  • Réxime da Seguridade Social ao que se atribúen as bases:
    • Traballadores incluídos no Réxime Xeral e nos seus Sistemas Especiais (Sistema Especial Agrario e sistema Especial de Empregados de Fogar, entre outros), traballadores por conta allea do Réxime Especial do Mar e dos incluídos no Réxime Especial da Minaría do Carbón: identifícase o código conta de cotización (CCC) e a razón social da empresa ou empresas nas que prestase servizos en cada un dos períodos de liquidación.
    • Traballadores incluídos no Réxime Especial para os traballadores por conta propia ou autónomos, autónomos do Réxime Especial do Mar, Representantes de Comercio e subscritores de Convenios Especiais: identifícase o Réxime da Seguridade Social ou, se é o caso, colectivo de traballadores ao que se atribúen as bases de cotización en cada un dos períodos de liquidación.
    • Artistas en espectáculos públicos e profesionais taurinos: identifícase o colectivo de traballadores e informarase dos importes de bases de cotización unha vez realizada a regularización anual.
  • Bases de cotización: importes das bases declaradas polas empresas e/ou bases de cotización polas que se debeu cotizar polo traballador nos Réximes e/ou Sistemas Especiais, nos supostos nos que o traballador ten a consideración de suxeito responsable do ingreso de cotas no período de liquidación correspondente.
    Nos réximes especiais -cota fixa- a información facilitada no informe non presupón o ingreso das cotas (autónomos e convenios especiais).

Próximos pasos

  • Se accede sen certificado dixital e unha vez cuberto o formulario, obterá un número de referencia que servirá para consultar o estado da petición.
  • A información do estado da petición cursada recibirase a través dun correo electrónico.
  • Transcorridas 24 horas da recepción do correo informativo, poderase acceder ao servizo Consulta de estado de solicitude de informes.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}