Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
A través deste servizo poderá solicitar a rectificación dos datos das diferentes situacións que constan nos informes de vida laboral e/ou incorporar as situacións inexistentes nestes informes.
Persoas físicas que teñen asignado número de afiliación á Seguridade Social (NAF), calquera que sexa o Réxime ao que estean adscritas.
Solicitude da incorporación ou modificación de datos.
O número identificativo asociado á solicitude presentada deberá telo en conta para citalo en calquera aclaración se fose necesario.
Unha vez realizada a rectificación dos datos, recibirá de forma inmediata un correo electrónico co número identificativo asociado á solicitude presentada, así como a confirmación de recepción da solicitude por parte da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
A finalización da tramitación da súa solicitude por parte da Tesouraría Xeral da Seguridade Social seralle comunicada por correo electrónico.
Poderá solicitar un novo informe de vida laboral.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.