Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Declaración Anual de Ingresos. Asignación Económica por fillo ou menor a cargo < Volver

Este servizo ten como obxecto recoller información relativa aos ingresos obtidos polos autónomos no exercicio anterior. Esta información será válida para revisar o mantemento do dereito a seguir percibindo a prestación no presente ano.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que perciban a prestación de Protección Familiar por fillo ou menor a cargo do sistema da Seguridade Social e que estivesen encadrados no réxime especial de traballadores de autónomos nalgún período do ano anterior.

Que permite realizar

Este servizo permite ás persoas informar e gardar no sistema directamente os ingresos anuais correspondentes a actividades económicas como traballador autónomo, do ano anterior.

Que necesita para realizalo

A persoa interesada deberá percibir unha Prestación de Protección familiar por fillo a cargo en alta e ademais ter sido autónomo no ano anterior á declaración.

Hai que ter en conta

No suposto no que a persoa beneficiaria da prestación e o outro titular sexan autónomos, e convivan, deberán completar un formulario por cada un deles.

Próximos pasos

O Certificado é un documento en formato pdf. Do que se poden obter copias impresas e no que figura o código CEA (Código electrónico de autenticidade) co que pode comprobar a súa autenticidade acudindo ao Servizo de Verificación de Integridade Documental.

Unha vez completado premer no botón ACEPTAR para completar o trámite.
 

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}