Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Solicitude Cesamento de Actividade Traballadores Autónomos (REM) < Volver

Este servizo permite solicitar, por rexistro electrónico, ao traballador autónomo afiliado á Seguridade Social e en alta no Réxime Especial do Mar, que cotiza por cesamento de actividade, a prestación económica e o aboamento da cotización á Seguridade Social por continxencias comúns, ante a situación de cesamento total ou temporal, conforme o caso, da actividade que orixinou a alta no réxime especial, a pesar de poder e querer exercer unha actividade económica ou profesional a título lucrativo.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Traballadores autónomos do Réxime Especial de Mar ou apoderados/representantes destes.

Que permite realizar

  •  
  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar cuberto o modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun software que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A Dirección Provincial do ISM correspondente requiriralle os orixinais dos documentos que sexan necesarios.

Para actuar en nome dun terceiro deberá ter un apoderamento inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos que lle permita realizar este trámite. Se carece de apoderamento vixente no citado rexistro, deberá acreditar a representación anexando o modelo normalizado de representación que pode descargar para cubrilo no apartado “documentación anexa”, ou ben achegar calquera outro documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna desta.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude e notificación desta ao interesado e, conforme o caso, ao seu representante.

Pode obter información da evolución da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}