Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Pensión de orfandade. Regulamentos Comunitarios e Convenios Bilaterais (REM) < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, en nome propio ou en representación doutra persoa, a pensión de orfandade do Réxime Especial do Mar, ao abeiro dos Regulamentos Comunitarios ou dun Convenio Bilateral.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A beneficiarios de  traballadores do Réxime Especial do Mar que queiran solicitar pensión de orfandade, nos casos en que ao causante falecido lle fosen de aplicación os Regulamentos Comunitarios ou un Convenio Bilateral de Seguridade Social.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar cuberto o modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no Rexistro Electrónico.

A Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña correspondente requiriralle os orixinais dos documentos que foren necesarios.

Para actuar en nome dun terceiro deberá ter un apoderamento inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos que lle permita realizar este trámite. Se carece de apoderamento vixente no citado rexistro, deberá acreditar a representación anexando o modelo normalizado de representación que pode descargar para cubrilo no apartado “documentación anexa”, ou ben achegar calquera outro documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna desta.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Pode obter información da evolución da súa solicitude na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}