Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Reintegro de gastos de asistencia sanitaria no estranxeiro (acción social REM) < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro Electrónico, ás empresas inscritas no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, o reembolso de gastos por asistencia sanitaria aos seus traballadores embarcados, cando a embarcación se encontre en porto estranxeiro.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Empresas inscritas no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, como consecuencia da asistencia sanitaria aos seus traballadores, a causa de enfermidade común ou ben por accidente de traballo ou enfermidade profesional, se a empresa tivese cubertas as devanditas continxencias co Instituto Social da Mariña, cando a embarcación se encontre en porto estranxeiro.

Persoas ou entidades que actúen en representación das anteriores.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar cuberto o modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se se actúa como persoa xurídica, ben como empresa ou traballador autónomo empresario, deberá utilizar o correspondente Certificado Dixital de Persoa Xurídica.

Para actuar en nome dun terceiro deberá ter un apoderamento inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos que lle permita realizar este trámite. Se carece dun apoderamento inscrito no citado rexistro, deberá acreditar a representación achegando un documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna desta.

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no Rexistro Electrónico.

A Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña requiriralle posteriormente a presentación dos documentos orixinais.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude (despois do informe do Centro de Sanidade Marítima, no caso de repatriación).  Notificación desta ao interesado e, conforme o caso, ao seu representante.

SMS informando que a resolución se produciu.

Ingreso do importe de reintegro de gastos na conta que figure na solicitude.

Pode obter información da evolución da súa solicitude na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}