Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Solicitude de expedición de certificados formación sanitaria especifica inicial e avanzada (REM) < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, en nome propio ou en representación doutra persoa, a expedición dos certificados de formación sanitaria específica, regulados pola Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, pola que se establecen os contidos mínimos dos programas de formación sanitaria específica e as condicións para a expedición e homologación do certificado de formación sanitaria dos traballadores do mar.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Persoas que realizasen os cursos regulados na Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo e na Resolución do 24 de abril de 2013, do Instituto Social da Mariña, sobre contidos mínimos dos programas de actualización en formación sanitaria específica e sobre formación sanitaria específica a distancia, superando as probas teórico prácticas previstas que se establezan conforme aos seus obxectivos.

Os posuidores dos Títulos “Técnico Superior en supervisión e control de máquinas e instalacións do buque” ou “Técnico Superior en navegación, pesca e transporte marítimo” ou equivalentes, expedidos polas Administracións Educativas competentes, poderán solicitar por esta vía o Certificado de Formación Sanitaria Específica inicial.

Os posuidores dos títulos impartidos polos Centros de Estudos Superiores da Mariña Civil ou nas Facultades da Mariña Civil ou equivalentes, expedidos polas Administracións competentes, poderán solicitar por esta vía o Certificado de Formación Sanitaria Específica avanzada.

A persoas ou entidades que soliciten a expedición destes certificados en representación dos anteriores.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar cuberto o modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se a solicitude corresponde á expedición dun certificado de formación sanitaria de acordo co disposto nas disposicións adicionais segunda e terceira da Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, xunto coa solicitude deberá anexar unha copia do título que desexe validar. A dirección provincial do Instituto Social da Mariña correspondente requiriralle os orixinais dos documentos cando for necesario.

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no Rexistro Electrónico.

Para actuar en nome dun terceiro deberá ter un apoderamento inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos que lle permita realizar este trámite. Se carece de apoderamento vixente no citado rexistro, deberá acreditar a representación anexando o modelo normalizado de representación que pode descargar para cubrilo no apartado “documentación anexa”, ou ben achegar calquera outro documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna desta.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Expedición pola dirección provincial do Instituto Social da Mariña do certificado de formación sanitaria específica correspondente ou emisión da resolución denegatoria deste.

Pode obter información da evolución da súa solicitude na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}