Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Solicitude de prestacións devindicadas e non percibidas por falecemento < Volver

A través deste servizo pode realizar, por Rexistro electrónico, a solicitude das mensualidades de pensión devindicadas e non percibidas por falecemento do seu titular.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que teñan a condición de herdeiros de titulares de prestacións da Seguridade Social.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

Incorporar no formulario de acceso ao servizo a maior cantidade posible de información da que se dispoña para realizar a solicitude.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

Cubrir os datos que se soliciten no modelo conforme as indicacións que aparecen neste.

Os documentos que se deben presentar con esta solicitude son os indicados no botón da "axuda" que se encontra dispoñible no formulario.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 5 Mb.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Modelo normalizado de representación (PDF, 2387 Kb) 29/03/2022
Complementary Content
${loading}