Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Solicitude de incremento ou finalización de aplicación do tipo voluntario para os efectos das retencións de IRPF < Volver

A través deste servizo pode solicitar, por Rexistro electrónico, a aplicación do tipo voluntario de retencións de IRPF.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que teñan recoñecida unha pensión da Seguridade Social.

Que permite realizar

Solicitar por Rexistro Electrónico a aplicación ou o cesamento na aplicación do tipo voluntario de retencións de IRPF practicadas sobre a pensión.

Que necesita para realizalo

Incorporar no formulario de acceso ao servizo a maior cantidade posible de información de que se dispoña.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

Cubrir os datos que se soliciten no formulario conforme as indicacións que aparecen neste.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Modelo normalizado de representación (PDF, 2387 Kb) 29/03/2022
Complementary Content
${loading}