Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Prestación de Incapacidade permanente de Regulamentos Comunitarios e Convenios Bilaterais < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, unha pensión de incapacidade permanente ao abeiro dos Regulamentos Comunitarios ou dun Convenio Bilateral.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que queiran solicitar unha Incapacidade Permanente, nos casos en que lle fose de aplicación os Regulamentos Comunitarios ou un Convenio Bilateral de Seguridade Social.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar a documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación a anexar non deberá superar os 10 Mb.

A solicitude foi inicialmente deseñada para a súa presentación en soporte papel ante a Dirección Provincial do INSS, polo que encontrará referencias que non corresponden á vía telemática.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude. As observacións só se cubrirán cando non se anexe un formulario de solicitude.

É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Pode consultar a situación na que se encontra o trámite da prestación solicitada a través do servizo. Como vai a miña prestación?

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}