Valore esta páxina
Valore este contido

Contenido principal

Prestación por corresponsabilidade no coidado do lactante < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a prestación económica por exercicio corresponsable do coidado do lactante.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A traballadores que reduzan a súa xornada de traballo en media hora para o coidado do lactante dende que cumpra nove meses ata os doce meses de idade.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir  e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que lle permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Para poder percibir a prestación, deben cumprirse os requisitos nos mesmos termos e condicións que os establecidos para a prestación por nacemento e coidado de menor e ambos os dous proxenitores, adoptantes, gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter permanente, deben traballar así como reducir a súa xornada de traballo en media hora, coa mesma duración e réxime.

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

O tamaño total da documentación a anexar non pode superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

O Instituto Nacional da Seguridade Social adoptará a correspondente resolución que se porá a disposición do interesado no  servizo de Notificacións Telemáticas. Se non desistiu da canle postal, esta resolución enviarase tamén ao domicilio do interesado.

Pode consultar a situación na que se encontra o trámite da prestación solicitada a través do servizo Como vai a miña prestación?.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}