Valore esta páxina
Valore este contido

Contenido principal

Autocálculo de convenios especiais < Volver

A través deste servizo pode realizar, dende o seu ordenador, o cálculo aproximado da contía á que ascenderá o convenio especial ao que quere subscribirse.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Persoas que teñan intención de solicitar un convenio especial.

Que permite realizar

Obter inmediatamente o importe aproximado a que ascenderá a cotización mensual do convenio especial que  pretende subscribir,  así como o custo total previsto durante o período no que se indicou se manterá a súa vixencia.

Que necesita para realizalo

A través dun programa de doado manexo introducir os datos referentes a:

  • Apelidos e nome * 
  • DNI*
  • Número da Seguridade Social *
  • Data de nacemento *
  • Data de inicio do convenio
  • Data prevista de fin de convenio
  • Bases de cotización dos últimos doce meses

* (optativo)

Incorporados estes datos poderá obter a base media e marcar a opción de base de cotización elixida para o convenio especial, e indicar se percibe ou non subsidio de desemprego así coma se desexa ou non revalorización da base de cotización.

Hai que ter en conta

O programa de autocálculo de convenio especial opera exclusivamente cos datos que introduza o usuario, polo que en ningún caso o resultado que se obteña poderá xerar dereitos nin obrigas en materia de Seguridade Social.

O control sobre as bases máximas ou mínimas de cotización vixentes será efectuado directamente polo usuario, non efectuándose validación polo programa.

Este programa contén os índices de actualización de bases previstos, que foron fixados nun 2 %.

Esta versión anovarase anualmente coa incorporación de novos índices de actualización de bases de cotización e, sexa como for, cando se produza modificación normativa que supoña cambios sobre os datos incorporados.

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Autocalculo de convenios especiales (PDF, 459 Kb) 05/04/2022
Complementary Content
${loading}