Valore esta páxina
Valore este contido

Contenido principal

Certificado de prestacións < Volver

Este servizo permite obter determinados certificados relacionados coas prestacións percibidas incluídas no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas ou, no seu caso, certificado de non percibir ningunha prestación.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que teñan ou non recoñecida unha prestación do sistema de Seguridade Social ou dunha entidade allea ao sistema integrada no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.

Que permite realizar

Poderá obter os certificados seguintes:

  • Certificado resumido de prestacións.
  • Certificado detallado de prestacións.
  • Certificado de prestacións sen importes.
  • Certificado de retencións por IRPF do exercicio anterior.
  • Certificado de revalorización de pensións.
  • Certificado de pensións en baixa ou suspendidas.
  • Certificado de non percibir prestacións incluídas no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.
  • Certificado para beneficiarios de deducións.

Que necesita para realizalo

  • Unha vez identificado, poderás seleccionar o certificado na columna da dereita da pantalla das túas pensións.
  • Dispoñer do soporte lóxico necesario para descargar/imprimir o certificado (arquivo PDF).

Hai que ter en conta

Non é necesario achegar ningún documento adicional para a súa tramitación.

Próximos pasos

O certificado obtido consiste nun ficheiro .pdf, do que se poden obter copias imprimidas e no cal figura o código CEA (Código Electrónico de Autenticidade) co que pode comprobar a súa autenticidade acudindo ao Servizo de Verificación de Integridade Documental.



Información complementaria Pasarela Dixital Única Europea
Acceso á plataforma de valoración

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}