Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa a navegar considérase que acepta o seu uso. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
Servizo dirixido fundamentalmente a profesionais que permite a realización do cálculo da base reguladora da pensión de xubilación mediante a introdución manual das bases de cotización.
A todos os cidadáns.
Efectuar un cálculo aproximado da contía da base reguladora da futura pensión de xubilación.
Introducir nome e apelidos, data de xubilación e a lei pola cal opta para efectuar o cálculo.
O programa permitirá cubrir as bases individualizadas ou por períodos e poderanse encher as casas con bases máximas, mínimas ou personalizadas, contando cunha opción de “axuda” con explicacións para cubrilas de xeito correcto.
O Servizo opera exclusivamente cos datos que introduza o usuario, polo que en ningún caso o resultado que se obteña poderá xerar dereitos nin obrigas en materia de Seguridade Social.
De acordo cos datos introducidos, o sistema determinará a base reguladora da pensión de xubilación que se calcula en función das bases de cotización introducidas polo cidadán.
Introducidos os datos requiridos e realizados os cálculos, obtense un informe detallado co importe da base reguladora, que ten carácter informativo e non xera dereitos.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.