Contenido principal

Asistencia sanitaria. Solicitude de recoñecemento do dereito (para beneficiarios) < Volver

Este servizo permite a un titular do dereito á asistencia sanitaria, solicitar a inclusión de beneficiarios/as. Calquera dos accesos dispoñibles o dirixirá ao portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que teñan recoñecido o dereito á asistencia sanitaria como titular e que necesiten incluír como beneficiarios seus outra persoa que non ten dereito á asistencia sanitaria.

Que permite realizar

  • Se o beneficiario é un fillo menor de 3 meses, recoñecerase automaticamente o dereito á asistencia sanitaria e poderá descargar a acreditación do dereito.
  • Se o beneficiario non é un fillo menor de 3 meses, realizarase unha solicitude por rexistro electrónico, para que se tramite a inclusión e poderá descargar o xustificante da solicitude.

Que necesita para realizalo

  • Unha vez identificado en A túa Seguridade Social, no apartado “Asistencia sanitaria”, premer en “Engadir novo beneficiario”.
  • Cubrir a información solicitada.

Hai que ter en conta

No caso de que o beneficiario a incluír sexa un fillo menor de tres meses, o recoñecemento do dereito é automático e inmediato. Finalizado o proceso  poderá obter a acreditación do dereito do seu beneficiario.

No caso contrario, emitirase unha solicitude por rexistro electrónico para que sexa tramitada na Dirección Provincial da provincia onde o solicitante teña o seu domicilio rexistrado en afiliación. Finalizado o proceso, emitirase un xustificante da solicitude realizada.

Próximos pasos

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}