Contenido principal

Solicitude de expedición de certificados formación sanitaria especifica inicial e avanzada (REM) < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a expedición dos certificados de Formación Sanitaria Específica regulamentados pola Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, pola que se establecen os contidos mínimos dos programas de formación sanitaria específica e as condicións para a expedición e homologación do certificado de formación sanitaria dos traballadores do mar.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

  • Ao persoal que realizase os cursos regulamentados pola Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, e supere as probas teórico-prácticas que se establezan conforme os seus obxectivos.
  • Aos posuidores dos Títulos: «Técnico Superior en Supervisión e Control de máquinas e instalacións do buque» ou «Técnico Superior de Navegación, Pesca e Transporte Marítimo», ou equivalentes, expedidos polas Administracións Educativas competentes.
  • Aos posuidores de títulos impartidos polos Centros de Estudos Superiores da Mariña Civil ou nas Facultades da Mariña Civil, ou equivalentes.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A presentación da solicitude debe ir acompañada de documentación, orixinal ou fotocopia compulsada, que se debe facilitar presencialmente.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Expedición pola dirección provincial do Instituto Social da Mariña do certificado de formación sanitaria específica correspondente.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}