Contenido principal

Comunicación de datos do cónxuxe de pensionistas (REM) < Volver

A través deste servizo pode realizar, por Rexistro electrónico, a comunicación de datos para os efectos do IRPF.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que teñan recoñecida unha pensión da Seguridade Social.

Qué permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 5 Mb.

É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Comunicación de datos do cónxuxe de pensionistas  (REM) (PDF, 257 Kb) 22/08/2016
Complementary Content
${loading}