Contenido principal

Declaración persoal de fillos a cargo do solicitante da prestación de incapacidade temporal (REM) < Volver

Este servizo permite aos traballadores do Réxime Especial do Mar realizar a declaración dos fillos ao seu cargo, para o trámite da prestación por incapacidade temporal en pagamento directo do ISM.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos traballadores do Réxime Especial do Mar que se encontran tramitando a prestación de incapacidade temporal, e que teñen fillos ao seu cargo, menores de 26 anos ou maiores cunha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %.

Qué permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 5 Mb.

É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do Instituto Social da Mariña enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}