Contenido principal

Axuda económica para as caixas de primeiros auxilios a bordo (REM) < Volver

Este servizo permite presentar as solicitudes para a convocatoria anual de axudas para a dotación das caixas de primeiros auxilios das que han de ir provistos os buques.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A empresarios de embarcacións debidamente rexistradas ou abandeiradas en España, que realicen navegación marítima ou pesqueira, incluídas no ámbito de aplicación do Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro, polo que se establecen condicións mínimas sobre a protección da saúde e a asistencia médica dos traballadores do mar, modificado polo Real Decreto 568/2011, do 20 de abril, que se rexerán polo establecido na Orde ESS/2542/2014, do 5 de decembro.

 

Qué permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.
  • Estar incluído dentro dos beneficiarios comprendidos na Orde ESS/2542/2014, do 5 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a dotación das caixas de primeiros auxilios das que han de ir provistos os buques.
  • Cumprir os requisitos establecidos na resolución da convocatoria correspondente.

Hai que ter en conta

O servizo unicamente permite presentar a solicitude, a presentación do resto de documentación necesario para o trámite desta realizarase nas Direccións Provinciais ou Locais do Instituto Social da Mariña onde o buque, para cuxa caixa de primeiros auxilios se solicite a axuda, teña asignado o código de conta de cotización, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

As solicitudes recibidas serán tramitadas nas Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña onde o buque teña asignado o código de conta de cotización.

A emisión da proposta de resolución definitiva será comunicada aos interesados, concedéndose un prazo de dez días para realizar alegacións.

Examinadas as alegacións aducidas polos interesados, formularase a proposta de resolución definitiva.

O Director do Instituto Social da Mariña ditará resolución motivada, facendo constar, se é o caso, de xeito expreso, a desestimación do resto das solicitudes.

O prazo máximo para a resolución e notificación do procedemento de selección será de seis meses contados a partir da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

O pagamento farase efectivo na conta corrente incluída na solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}