Contenido principal

Revisión das caixas de primeiros auxilios a bordo (REM) < Volver

Este servizo permite solicitar a revisión da/s caixa/s de primeiros auxilios regulamentaria/s a bordo dos buques abandeirados e/ou rexistrados en España.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos empresarios de buques abandeirados e/ou rexistrados en España segundo o disposto no Real Decreto 258/1999 do 12 de febreiro  polo que se establecen condicións mínimas sobre a protección da saúde e a asistencia médica dos traballadores do mar (B.O.E. 24.02.1999)

Qué permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico para a revisión anual preceptiva das caixas de primeiros auxilios regulamentarias a bordo dos buques abandeirados e/ou rexistrados en España.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.
  • Anexar a seguinte documentación:
    • Documento de control do contido de cada unha das caixas de primeiros auxilios dos que se solicita a revisión, debidamente cuberto.
    • O resto da documentación necesaria (certificado de formación sanitaria específica correspondente, actualizada, do responsable sanitario a bordo, así como certificado de revisión das balsas de salvamento do buque) presentarase ante o responsable sanitario da revisión da caixa de primeiros auxilios no momento desta

Hai que ter en conta

O tamaño total dos documentos que se van anexar non pode superar os 5 Mb.

A revisión das caixas de primeiros auxilios efectuarase por parte do persoal sanitario do ISM e sempre en presenza do Armador, Consignatario ou Capitán/Patrón do buque solicitante e do responsable sanitario a bordo. Se por causas xustificadas non puidese estar presente o responsable sanitario a bordo deberá efectuarse a revisión da caixa de primeiros auxilios en presenza do Capitán/ Patrón do buque.

Nas revisións das caixas de primeiros auxilios tipo A e B, realizados a bordo das embarcacións, estas deberán reunir as condicións de seguridade necesarias para garantir un acceso sen riscos ao persoal encargado da revisión. No caso contrario, non se realizará a revisión.

Cando o interesado non poida acudir á cita de revisión programada, deberá poñelo en coñecemento do Centro de Sanidade Marítima correspondente coa debida antelación (polo menos 24 horas)

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

  • Revisión da caixa de primeiros auxilios de a bordo
  • Emisión do certificado correspondente 
  • Entrega en man ao interesado
  • Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado o certificado solicitado.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}