Contenido principal

Cursos de Formación profesional marítima e sanitaria do Instituto Social da Mariña < Volver

Este servizo permite solicitar a admisión aos cursos incluídos nos Plans Anuais de Formación Profesional Marítima e Sanitaria do ISM.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A traballadores de mar e a todas aquelas outras persoas que queiran desenvolver a súa actividade laboral no sector marítimo pesqueiro.

Qué permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.
  • Para presentar a solicitude necesitará núm. DNI/NIE/PASAPORTE, Núm. Afiliación Seguridade Social, Recoñecemento Médico, Demanda de emprego (se procede).
  • Anexar copia compulsada dos documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • A Provincia de destino debe corresponder coa residencia.

Hai que ter en conta

O tamaño total dos documentos que hai que anexar non pode superar os 5 Mb.

Coa sinatura da solicitude de admisión ao curso de formación declárase que son certos os datos consignados nela, autorizando o ISM a utilizar informaticamente estes datos para os efectos da xestión de accións formativas e do emprego.

Se se autoriza coa sinatura, accederase aos datos de verificación de identidade e residencia (art. 11 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e no apartado quinto, punto 3º, do Anexo da Orde PRE/3949/2006, do 26 de decembro, e do apartado quinto, punto 3º do anexo da Orde PRE/4008/2006, do 27 de decembro) e a calquera outro dato de carácter persoal, laboral ou profesional, que sexa necesario para acreditar o cumprimento dos requisitos esixibles para a resolución da solicitude de acceso á formación profesional marítima e sanitaria.

Se se autoriza, utilizarase o correo electrónico, para determinados trámites (en concreto comunicacións sobre selección de asistentes ao curso), como medio de comunicación preferente.

Se se produce algún tipo de incumprimento (Resolución do 5 de xuño de 2013, do Instituto Social da Mariña, pola que se desenvolve e aplica a Orde TAS/167/2008, do 24 de xaneiro, pola que se regula a formación profesional marítima e sanitaria do Instituto Social da Mariña) aplicaránselle os correspondentes efectos.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude, notificación ao beneficiario da formación, oferta de praza nalgunha das edicións do tipo de curso solicitado, aceptación da praza e asistencia por parte do beneficiario. O ISM faralle a correspondente convocatoria e o beneficiario terá que estar presente ao inicio do curso e cumprir coa normativa vixente nesta materia.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Solicitude de admisión a cursos do Instituto Social da Mariña (PDF, 623 Kb) 29/12/2015
Complementary Content
${loading}