Contenido principal

Reembolso de gastos por asistencia a Cursos de Formación Profesional Marítima e Sanitaria realizados no Instituto Social da Mariña < Volver

Este servizo permite solicitar o reembolso de gastos a que se puidese ter dereito por asistencia a cursos de formación profesional marítima ou sanitaria realizados no Instituto Social da Mariña.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A beneficiarios da formación profesional marítima e sanitaria.

Qué permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.
  • Anexar copia compulsada dos documentos que se detallan nas instrucións deste.

Hai que ter en conta

O tamaño total dos documentos que hai que anexar non pode superar os 5 Mb.

Coa sinatura da solicitude de admisión ao curso de formación declárase que son certos os datos consignados nela, autorizando o ISM a utilizalos informaticamente para os efectos da xestión de accións formativas e de emprego.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude, notificación ao interesado e ingreso, na conta que figure na solicitude, do importe do reembolso dos  gastos que correspondan.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Solicitude de reembolso de gastos (PDF, 256 Kb) 26/09/2018
Complementary Content
${loading}