Contenido principal

Modificación de datos bancarios e domicilio do pensionista (REM)  < Volver

Solicitude de modificación de datos bancarios para o cobramento da pensión ou do domicilio do titular (exclusivamente para pensionistas).

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A pensionistas do Réxime Especial do Mar.

Qué permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Debe indicar o BIC (Código Internacional do Banco) e tamén o número de IBAN que é o equivalente ao seu número de conta corrente. Pode encontralo en todos os recibos e comunicacións que lle envía a súa entidade bancaria actualmente.

Se reside no estranxeiro e quere recibir alí o pagamento, debe achegarnos todos os datos da súa entidade bancaria nese país mediante os correspondentes códigos internacionais.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrado polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude e notificación ao interesado mediante correo postal con notificación de recibo.

SMS informando de que a resolución se produciu.

Pode obter información da evolución da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Modificación de datos bancarios e de domicilio. Réxime Especial do Mar. (PDF, 367 Kb) 29/12/2015
Complementary Content
${loading}