Contenido principal

Expedición de duplicado de diploma acreditativo da formación marítima e sanitaria realizada no Instituto Social da Mariña < Volver

Este servizo permite solicitar duplicado de diploma acreditativo do curso de formación profesional marítima ou sanitaria realizado no Instituto Social da Mariña por perda, deterioración ou calquera outra causa.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos beneficiarios da formación profesional marítima e sanitaria.

Qué permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia compulsada dos documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Para presentar a solicitude necesitará núm. DNI/NIE/PASAPORTE, Núm. Afiliación Seguridade Social.

O tamaño total dos documentos que hai que anexar non pode superar os 5 Mb.

Os datos persoais que se indiquen no documento pasarán a formar parte dun Ficheiro informatizado autorizado por Orde TAS/762/2008, do 6 de marzo, ou o que se crean e suprimen ficheiros de datos de carácter persoal xestionados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social (B.O.E. núm. 69 do 20/03/2008) cuxa titularidade corresponde ao Instituto Social da Mariña. Conforme a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de Datos de Carácter Persoal, poderá exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito dirixido á Dirección do ISM, Génova 20, 4ª Planta. 28004 Madrid.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

O interesado recibirá un duplicado do diploma no domicilio que indicase na solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}