Contenido principal

Variación de datos en Réxime Especial de Traballadores Autónomos < Volver

Este servizo permite modificar, por Rexistro electrónico, os datos identificativos laborais dun traballador en situación de alta no Réxime Especial de traballadores por conta propia ou autónomos. Tamén permite achegar documentación complementaria á alta, para acreditar o cumprimento de requisitos para o acceso a determinados beneficios.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Traballadores en situación de alta no Réxime Especial de traballadores por conta propia ou autónomos.

Qué permite realizar

  • Presentar solicitude da modificación de datos por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar a documentación.

Qué necesita para realizalo

Para a acreditación documental complementaria á alta, para a obtención de beneficios:

  • Anexar os documentos que se detallan para cada caso no documento Beneficios e Outros (situado en Documentación adxunta).
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Para a variación de datos da alta:

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude TA-0521.
  • Anexar os documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

No formulario especifícanse os documentos que hai que anexar.

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (ZIP) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}