Contenido principal

Comunicación inicio/fin da actividade laboral de pensionistas (REM) < Volver

A través deste servizo pode realizar, por Rexistro electrónico, a comunicación de inicio ou finalización da realización dunha actividade laboral.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que teñan recoñecida unha pensión da Seguridade Social.

Qué permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 5 Mb.

É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Comunicación inicio/fin da actividade laboral de pensionistas  (REM) (PDF, 1566 Kb) 25/04/2017
Complementary Content
${loading}