Contenido principal

Modificación do tipo voluntario IRPF (REM)   < Volver

Este servizo permite solicitar ás persoas que teñan recoñecida unha pensión do Réxime Especial do Mar, a aplicación ou o cesamento na aplicación do tipo voluntario de retencións de IRPF practicadas sobre a súa pensión.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A pensionistas do Réxime Especial do Mar.

Qué permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia compulsada dos documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 5 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude e notificación ao interesado mediante correo postal con notificación de recibo.

SMS informando de que a resolución se produciu.

Pode obter información da evolución da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Incremento voluntario da retención de IRPF. REM (PDF, 2032 Kb) 17/04/2018
Complementary Content
${loading}