Contenido principal

Pensión de xubilación. Regulamentos Comunitarios e Convenios Bilaterais (REM) < Volver

Este servizo permite aos traballadores do Réxime Especial do Mar solicitar, por Rexistro electrónico, unha pensión de xubilación ao abeiro dos Regulamentos Comunitarios ou dun Convenio Bilateral.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas do Réxime Especial do Mar que queiran solicitar pensión de xubilación de Regulamentos Comunitarios ou dun Convenio Bilateral de Seguridade Social.

Qué permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 5 Mb.

É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrado polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

O Instituto Social da Mariña enviará ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}