Contenido principal

Alta en convenio especial por Expediente de Regulación de Emprego. < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro eléctrico, a alta no Sistema da Seguridade Social mediante a subscrición dun convenio especial procedente de Expedientes de Regulación de Emprego (ERE).

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Traballadores con 55 ou máis anos afectados por un expediente de regulación de emprego, mediante a subscrición a un convenio especial regulamentado polo artigo 20 da Orde TAS/2865/2003.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar a documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude  TA.0040-ERE.
  • Anexar os documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.


Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Con carácter xeral, a resolución da solicitude notificarase por correo postal con notificación de recibo. Así mesmo, se na base de datos consta o teléfono móbil dos traballadores afectados por este tipo de convenio, ao anotar a alta enviaráselles unha mensaxe SMS.

Pode obter información da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na Dirección Provincial ou Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social que corresponda.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}