Contenido principal

Solicitude de moratoria e exención por acontecementos catastróficos < Volver

A través deste servizo poderá solicitar, por Rexistro electrónico, a moratoria, diferimento ou exención do pagamento de cotas establecidas como medida paliativa dos danos ou prexuízos causados por unha circunstancia de índole excepcional que afecta determinados sectores de actividade nun ámbito xeográfico.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Ás persoas físicas e xurídicas que eventualmente poden ser beneficiarias das medidas de moratoria, diferimento ou exención establecidas nas disposicións legais ditadas para o efecto.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar a documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude de Moratoria/Diferimento/Exención de Cotas da Seguridade Social.
  • De forma opcional, poderá anexar tamén a seguinte documentación:
    • Documentación que acredite en Dereito dos danos ou prexuízos causados pola circunstancia de índole excepcional que motivan a solicitude.
  • Se a medida se refire a unha moratoria, debe anexar obrigatoriamente polo menos un dos seguintes documentos:
    • Resolución da autoridade laboral declarando a existencia de forza maior con causa nos eventos que motivaron a súa emisión.
    • Documentación expedida para o efecto por Concello, delegado ou subdelegado de Goberno acreditativa dos danos e a situación dos establecementos industriais, mercantís, turísticos e doutros servizos, ou das explotacións agrícolas e gandeiras. No caso das empresas, esta documentación consistirá nunha certificación de carácter individualizado para cada unha.
    • Resolución ou comunicación do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente na que conste a condición de beneficiario das axudas outorgadas polas perdas ou danos ocasionados nas explotacións ou producións agrícolas ou gandeiras.
  • Se a medida se refire á exención:
    • Debe achegar a Resolución da autoridade laboral  declarando a existencia de  forza maior con causa nos eventos que motivaron a súa emisión, así como a documentación correspondente á decisión da empresa sobre a suspensión dos contratos de traballo ou a redución temporal da xornada de traballo.
  • En caso de actuar en nome dun terceiro, calquera que sexa a medida solicitada, será obrigatorio anexar o documento de apoderamento.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A moratoria e o diferimento consisten nun diferimento do prazo regulamentario de ingreso das  cotas dos suxeitos afectados pola circunstancia de índole excepcional, pero a moratoria adoita complementarse coa posibilidade de solicitar a devolución das cotas ingresadas susceptibles de ser obxecto da moratoria.

A exención consiste na exoneración do aboamento das cotas dos suxeitos afectados  pola referida circunstancia de índole excepcional. Tanto esta medida como a moratoria esixen normas con rango de lei.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.


 Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Solicitud de moratoria (PDF, 109 Kb) 08/11/2018
Complementary Content
${loading}