Contenido principal

Modificación do tipo voluntario IRPF (REM) < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, ás persoas que teñan recoñecida unha pensión do Réxime Especial do Mar, a aplicación ou o cesamento na aplicación do tipo voluntario de retencións de IRPF practicadas sobre a súa pensión.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A pensionistas do Réxime Especial do Mar.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia compulsada dos documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude e notificación ao interesado mediante correo postal con notificación de recibo.

Pode obter información da evolución da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}