Contenido principal

Informe de pensións en baixa ou suspendidas < Volver

Este servizo permite obter un informe de pensións en baixa ou suspendidas incluídas no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que teñan recoñecida unha prestación en baixa ou suspendida do sistema de Seguridade Social ou dunha entidade allea ao sistema integrada no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.

Que permite realizar

  • Obter un informe de pensións en baixa ou suspendidas.
  • Imprimir ou gardar o informe.

Que necesita para realizalo

O interesado deberá cubrir os datos que se lle piden no formulario.

Hai que ter en conta

Non é necesario achegar ningún documento adicional para a súa tramitación.

O feito de acceder a este servizo e introducir voluntariamente o seu número de teléfono móbil, implica a súa autorización para que a Seguridade Social lle poida enviar mensaxes SMS para este ou outros propósitos informativos futuros.

Os datos introducidos no formulario deben coincidir cos existentes nas nosas bases de datos. Se non son coincidentes, non será posible obter o informe.

Próximos pasos

O informe obtido consiste nun ficheiro .pdf, do que se poden obter copias impresas e no cal figura o código CEA (Código Electrónico de Autenticidade), co que pode comprobar a súa autenticidade a través do Servizo de Verificación de Integridade Documental.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

  • Certificado
    dixital
  • Usuario +
    Contrasinal
    Usuario +
    Contrasinal (Cl@ve
    permanente)
  • Cl@ve
  • Sen
    certificado
  • Vía SMS
Complementary Content
${loading}