Contenido principal

Solicitude de base reducida por pluriactividade RETM < Volver

Este Servizo permite, nas altas iniciais dos traballadores autónomos do grupo 1 do Réxime Especial dos Traballadores do Mar (RETM), a anotación da base reducida por encontrarse en “situación de pluriactividade”. Tamén permite levantar a suspensión da base reducida por pasar de novo á devandita “situación de pluriactividade”, sempre que non transcorrese o prazo de duración máxima de 36 meses, contado a partir da primeira anotación inicial de base reducida.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Afiliados e empresarios que teñan códigos de conta de cotización ou número de afiliación inscritos no ámbito da Seguridade Social.

  • Afiliados: poden acceder con Cl@ve (usuario e contrasinal) ou con certificado dixital.
  • Empresarios individuais: poden acceder a través do servizo Cl@ve (usuario e contrasinal) ou con certificado dixital.

Que permite realizar

Permite solicitar a base reducida do traballador autónomo por encontrarse en “situación de pluriactividade”.

Hai que ter en conta

A opción de base reducida por pluriactividade é incompatible coa bonificación ou redución establecida como medida de fomento do emprego autónomo (coñecida como “Tarifa Plana”).

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Manual de Ayuda. Base reducida por pluriactividad RETM (PDF, 98 Kb) 18/03/2019
Complementary Content
${loading}