Contenido principal

Modificación de datos bancarios e domicilio do pensionista (REM) < Volver

Solicitude de modificación, por Rexistro electrónico, de datos bancarios para o cobramento da pensión ou do domicilio do titular (exclusivamente para pensionistas).

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A pensionistas do Réxime Especial do Mar.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

Debe indicar o BIC (Código Internacional do Banco) e tamén o número de IBAN que é o equivalente ao seu número de conta corrente. Pode encontralo en todos os recibos e comunicacións que lle envía a súa entidade bancaria actualmente.

Se reside no estranxeiro e quere recibir alí o pagamento, debe achegarnos todos os datos da súa entidade bancaria nese país mediante os correspondentes códigos internacionais.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}