Contenido principal

Cursos de Formación profesional marítima e sanitaria do Instituto Social da Mariña. < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónica, a admisión aos cursos incluídos nos Plans Anuais de Formación Profesional Marítima e Sanitaria do ISM.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A traballadores de mar e a todas aquelas outras persoas que queiran desenvolver a súa actividade laboral no sector marítimo pesqueiro.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.
  • Para presentar a solicitude necesitará n.º DNI/NIE/PASAPORTE, N.º Afiliación Seguridade Social, Recoñecemento Médico, Demanda de emprego (se procede).
  • Anexar copia compulsada dos documentos que se detallan nas instrucións deste.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total dos documentos que se van anexar non pode superar os 10 Mb.

Coa sinatura da solicitude de admisión ao curso de formación declárase que son certos os datos consignados nela, autorizando ao ISM a utilizar informaticamente estes datos para os efectos da xestión de accións formativas e do emprego.

Se se autoriza coa sinatura, accederase aos datos de verificación de identidade e residencia (art. 11 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e no apartado quinto, punto 3º, do Anexo da Orde PRE/3949/2006, do 26 de decembro, e do apartado quinto, punto 3º do anexo da Orde PRE/4008/2006, do 27 de decembro) e a calquera outro dato outro dato de carácter persoal, laboral ou profesional, que sexa necesario para acreditar o cumprimento dos requisitos esixibles para a resolución da solicitude de acceso á formación profesional marítima e sanitaria.

Se se autoriza, utilizarase o correo electrónico, para determinados trámites (en concreto comunicacións sobre selección de asistentes ao curso), como medio de comunicación preferente.

Se se produce algún tipo de incumprimento (Resolución do 5 de xuño de 2013, do Instituto Social da Mariña, pola que se desenvolve e aplica a Orde TAS/167/2008, do 24 de xaneiro, pola que se regulamenta a formación profesional marítima e sanitaria do Instituto Social da Mariña) aplicaránselle os correspondentes efectos.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude, notificación ao beneficiario da formación, oferta de praza nalgunha das edicións do tipo de curso solicitado, aceptación da praza e asistencia por parte do beneficiario. O ISM faralle a correspondente convocatoria e o beneficiario terá que estar presente ao inicio do curso e cumprir coa normativa vixente nesta materia.

A dirección provincial do ISM competente para resolver a solicitude correspóndese co seu lugar de residencia.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Solicitude de admisión a cursos do Instituto Social da Mariña (PDF, 623 Kb) 29/12/2015
Complementary Content
${loading}