Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa a navegar considérase que acepta o seu uso. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Informes e CertificadosInforme da situación actual do traballador093cc51b-c593-4b62-9d24-8d867838f282Informes e Certificadosaac516e4-0eb9-480e-b718-9bccac26c024
Informe da situación actual do traballador< Volver
Este servizo permite consultar en liña e/ou imprimir un informe sobre a situación do solicitante nos distintos réximes do Sistema da Seguridade Social á data da petición.
Persoas físicas que teñen asignado número de afiliación á Seguridade Social (NAF), calquera que sexa o Réxime ao que estean adscritas.
Que permite realizar
Visualizar e consultar de forma inmediata o informe.
Descargalo en formato PDF.
Imprimilo.
Hai que ter en conta
Este servizo permite consultar e/ou obter un informe sobre a situación do solicitante no Sistema da Seguridade Social á data da petición:
Se o solicitante a data da solicitude non ten asignado número de Seguridade Social (NAF), o servizo indicaralle tal circunstancia.
Se o solicitante dispón de número de Seguridade Social pero nunca estivo en situación de alta no Sistema da Seguridade Social, o servizo informarao acerca de tal situación.
Se o solicitante dispón de número de Seguridade Social e se encontra de alta nun ou varios réximes do Sistema, é dicir, desenvolvendo unha ou varias actividades que determinen o seu encadramento nun ou varios réximes do Sistema á data da solicitude, neste caso, indicarase a última situación de alta á data da consulta ou, se é o caso, de todas elas.
Se o solicitante dispón de número de Seguridade Social pero á data da solicitude encóntrase en situación de baixa no Sistema, é dicir, que non estea a desenvolver unha actividade que determine o seu encadramento nalgún dos réximes da Seguridade Social, indicarase como situación actual aquela cuxa data de baixa sexa máis próxima á data na que se está a realizar a consulta.