Contenido principal

Certificado de retencións e ingresos á conta do IRPF < Volver

Este servizo permite obter un certificado co importe das prestacións percibidas da Seguridade Social, aboadas polo INSS e o ISM, e as retencións practicadas para os efectos do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), no exercicio anterior. Calquera das formas de acceso dispoñibles o dirixirá ao Portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que percibiron prestacións económicas da Seguridade Social durante o exercicio anterior.

Que permite realizar

  • Obter o certificado de ingresos e retencións por IRPF do exercicio anterior.
  • Imprimir ou gardar o certificado.

Que necesita para realizalo

  • Identificarse Na túa Seguridade Social.
  • Se é pensionista, premer en “Ver a túa pensión”, elixir na columna da dereita o “Certificado de retencións IRPF”.
  • Se é traballador, no apartado “Traballo”, premer en “Certificado de retencións IRPF”.
  • Dispoñer do soporte lóxico necesario para descargar/imprimir o certificado (arquivo PDF).

Hai que ter en conta

Non é necesario achegar ningún documento adicional para a súa tramitación.

Próximos pasos

O certificado obtido consiste nun ficheiro .pdf, do que se poden obter copias imprimidas e no cal figura o código CEA (Código Electrónico de Autenticidade) co que pode comprobar a súa autenticidade acudindo ao servizo de Verificación de Integridade Documental.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}