Contenido principal

Certificado de revalorización de pensións < Volver

Este servizo permite obter un certificado de revalorización da pensión do exercicio actual. Calquera das formas de acceso dispoñibles o dirixirá ao Portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A perceptores de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social.

Que permite realizar

  • Obter un certificado de revalorización da pensión do exercicio actual.
  • Imprimir ou gardar o certificado.

Que necesita para realizalo

  • Identificarse Na túa Seguridade Social.
  • Se actualmente ten unha pensión, premer en “Ver a túa pensión” e elixir na columna da dereita o “Certificado de revalorización”.
  • Se xa non é pensionista pero percibiu unha pensión á que se lle aplicou revalorización neste exercicio, no apartado “Traballo”, premer “Certificado de revalorización”.
  • Dispoñer do soporte lóxico necesario para descargar/imprimir o certificado (arquivo PDF).

Hai que ter en conta

Non é necesario achegar ningún documento adicional para a súa tramitación.

Próximos pasos

O certificado obtido consiste nun ficheiro .pdf, do que se poden obter copias impresas e no cal figura o código CEA (Código Electrónico de Autenticidade), co que pode comprobar a súa autenticidade acudindo ao Servizo de Verificación de Integridade Documental.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}