Contenido principal

Duplicado de resolución/alta/baixa en Réxime Especial de traballadores por conta propia ou autónomos < Volver

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Traballadores en situación de alta/baixa no Réxime Especial de traballadores por conta propia ou autónomos.

Qué permite realizar

  • Visualizar e consultar de forma inmediata o duplicado dos documentos de resolución das súas altas/baixas neste Réxime Especial.
  • Descargalo en formato PDF.
  • Imprimilo.

Hai que ter en conta

Ao acceder a este servizo, deberá considerar as seguintes indicacións:

  • A pantalla inicial de entrada de datos mostra os datos identificativos do solicitante, os cales non permiten variación.
  • O solicitante deberá marcar unha das dúas opcións para indicar se o que está a solicitar é un duplicado dunha alta ou dunha baixa.
  • A continuación poderá anotar a data da alta ou baixa para a que se desexa xerar o duplicado de resolución.
  • Se o dato introducido non fose correcto, aparecerá a mensaxe de erro correspondente.
  • Se o dato introducido é correcto e preme "Continuar" aparecerá unha nova pantalla de aviso de emisión do duplicado da resolución da alta ou da baixa. Aconséllase gardar o PDF antes de imprimilo por se ten algunha incidencia coa impresión do documento.
  • Para rematar, tras premer "Continuar" emitirase o duplicado da resolución.
  • Ao pé do certificado obtido, figura o Código Electrónico de Autenticidade (CEA) co que pode comprobar  a autenticidade do certificado acudindo ao Servizo de Verificación de Integridade Documental.

 

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}