Contenido principal

Informe de situación actual do traballador < Volver

Este servizo permite consultar en liña e/ou imprimir un informe sobre a situación do solicitante nos distintos réximes do Sistema da Seguridade Social á data da petición.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Persoas físicas que teñen asignado número de afiliación á Seguridade Social (NAF), calquera que sexa o Réxime ao que estean adscritas.

Qué permite realizar

  • Visualizar e consultar de forma inmediata o informe.
  • Descargalo en formato PDF.
  • Imprimilo.

Hai que ter en conta

Este servizo permite consultar e/ou obter un informe sobre a situación do solicitante no Sistema da Seguridade Social á data da petición:

  • Se o solicitante a data da solicitude non ten asignado número de Seguridade Social (NAF), o servizo indicaralle tal circunstancia.
  • Se o solicitante dispón de número de Seguridade Social pero  nunca estivo en situación de alta no Sistema da Seguridade Social, o servizo informarao acerca de tal situación.
  • Se o solicitante dispón de número de Seguridade Social e se encontra de alta nun ou varios réximes do Sistema, é dicir, desenvolvendo unha ou varias actividades que determinen o seu encadramento nun ou varios réximes do Sistema á data da solicitude, neste caso, indicarase a última situación de alta á data da consulta ou, se é o caso, de todas elas.
  • Se o solicitante dispón de número de Seguridade Social pero á data da solicitude encóntrase en situación de baixa no Sistema, é dicir, que non estea a desenvolver unha actividade que determine o seu encadramento nalgún dos réximes da Seguridade Social, indicarase como situación actual aquela cuxa data de baixa sexa máis próxima á data na que se está a realizar a consulta.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}