Contenido principal

Asistencia Sanitaria. Solicitude de recoñecemento do dereito (REM) < Volver

Este servizo permite aos traballadores do Réxime Especial do Mar solicitar, por Rexistro electrónico, o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria, tanto para o titular coma para os beneficiarios.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A traballadores do Réxime Especial do Mar e os seus beneficiarios.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do Instituto Social da Mariña enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}