Contenido principal

Axudas económicas paralización frota < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, as axudas relativas a prestacións substitutivas do salario e aboamento das cotas de Seguridade Social dos tripulantes, en caso de paralización da frota.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A traballadores do Réxime Especial do Mar

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico (cando haxa unha convocatoria vixente).
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia compulsada dos documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude e notificación ao interesado mediante correo postal con xustificante de recibo.

Pode obter información da evolución da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na oficina do ISM da Dirección Provincial onde a embarcación afectada pola parada teña asignado o seu Código de Conta de Cotización

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}